Seguimento e avaliación

A actividade do instituto estará guiada por un plan cuadrienal que deberá ser avaliado por un consello asesor externo ou, de ser o caso, polo procedemento establecido pola vicerreitoría con competencias en investigación.

O IXEX comprométese a remitir unha memoria anual de actividades e unha memoria económica para a súa avaliación e o seu seguimento por parte dos órganos de goberno do instituto e ratificada polo Consello de Goberno da Universidade de Vigo. Na dita memoria contemplarase a avaliación de cada acción desenvolvida, o grao de cumprimento e os recursos empregados.

Scroll al inicio