Instituto Universitario de Investigación Xustiza e Xénero
da Universidade de Vigo

A proposta

A proposta de creación do Instituto Universitario de Investigación Xustiza e Xénero (IXEX) pola Universidade de Vigo, aprobada no claustro do 18 de abril de 2023, xorde como unha aposta por lograr a igualdade de xénero e o apoderamento das mulleres, integrando a equidade e a diversidade desde unha perspectiva na que conflúen factores múltiples, acumulativos e interseccionais e plantexándoa así como un elemento clave para desenvolver un espazo de investigación e educación superior produtivo, inclusivo e aberto, cun sistema de innovación educativa que podería inscribirse no modelo estratéxico co que a Universidade de Vigo está construíndo a Universidade do futuro e a Universidade das persoas.

Quen somos?

O IXEX constitúese como un espazo formado por un equipo de profesionais de distintos ámbitos científicos (dereito, educación, historia, psicoloxía e economía) para a xeración e transmisión de coñecemento mediante a investigación sobre xénero e con perspectiva de xénero.

Inicialmente, integran o Instituto persoas investigadoras provintes da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo do campus de Vigo, das Facultades de Dereito, de Historia, de Educación e Traballo Social e de Ciencias empresarias e Turismo do campus de Ourense, e da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra da Universidade de Vigo.

INCORPORACIÓN DE NOVAS PERSOAS INTEGRANTES DO IXEX

O Instituto de Investigación Xustiza e Xénero, recoñecido polo seu enfoque multidisciplinario e a súa dedicación á investigación, innovación científica e transferencia de coñecementos cunha perspectiva de xénero, comprácese en…

Leer máis

Scroll al inicio