Igualdade no mercado de traballo

Malia os avances que veñen a conseguirse nos últimos anos,  aínda existe segregación no mercado de traballo, pola cal as mulleres continúan ocupando os postos máis precarios.  

A segregación do mercado de traballo tanto horizontal, debido a que segue habendo sectores de ocupación aínda moi masculinizados, como vertical, xa que as mulleres teñen grandes dificultades para acceder a postos de responsabilidade e de dirección nas empresas é unha realidade que nos rodea a todas as persoas.  

Dende o IXEX analizaranse estas desigualdades e as súas causas, tratando cuestións como a fenda retributiva ou o teito de cristal, entre outras, así como as medidas que se poden adoptar para loitar contra elas e acadar a igualdade real no ámbito laboral entre mulleres e homes.  

Non só cobra especial importancia facer un seguimento constante das iniciativas que impulsan a igualdade entre mulleres e homes, senón que tamén é necesario abordar diversas situacións como a maternidade, a conciliación da vida familiar e laboral, a segmentación ocupacional, a igualdade na Seguridade Social e a fenda nas pensións,  a saúde laboral ou as discriminacións directas e indirectas para acabar con factores culturais, empresariais e políticos perpetuados no tempo como o sexismo, a repartición desigual das cargas familiares ou as políticas corporativas non inclusivas. 

Scroll al inicio