Muller e desenvolvemento

Esta liña de investigación centrarase na relación entre muller e desenvolvemento. O proceso de desenvolvemento non foi nin é alleo ao xénero, debido ás desigualdades sociais existentes, por este motivo é esencial a inclusión da perspectiva de xénero nas políticas de desenvolvemento.  

Dende o IXEX analizaremos a vinculación entre pobreza, desigualdade, xénero e desenvolvemento, así como a participación das mulleres nas esferas de poder, poñendo o foco na premisa de que sen igualdade de xénero non hai desenvolvemento.  

Neste contexto é importante o proceso de empoderamento das mulleres. Analizarase como este concepto afecta ás relacións de poder entre mulleres e homes e as resistencias e obstáculos fronte a este cambio, así como a súa relación co desenvolvemento, e se encamiñará a revelar os prexuízos e buscar solucións a esta forma de subrepresentación tanto desde o apoio ás institucións e empresas como á sociedade en xeral e ao que cada persoa pode achegar, centrándose nalgúns coma: mulleres en postos de poder, novas masculinidades, integración da perspectiva de xénero nas aulas, defender os propios talentos e fortalezas das mulleres, entre outros. 

Scroll al inicio