Serán funcións do IXEX:
- Poñer en marcha un plan estable en I+D+i en consonancia cos obxectivos estratéxicos e as liñas de investigación, de tal modo que se facilite o intercambio de metodoloxías, prácticas e estratexias para incorporar a perspectiva de xénero desde os ámbitos xurídico e xudicial na consecución dunha estratexia de investigación sobre xustiza e xénero no contexto universitario e interuniversitario e no fomento da transversalidade de xénero no marco da xustiza e do dereito.
- Realizar análises de xénero específicas dos contextos nos que se traballe, incluíndo unha avaliación da capacidade das institucións públicas e/ou privadas para acadar resultados de igualdade e equidade, buscando a capacitación e promoción dos dereitos das mulleres desde unha perspectiva de xénero a axentes públicos, organizacións de mulleres e cidadanía en xeral, en liña coa Estratexia de Xustiza de Xénero e, en xeral, na sociedade, atendendo ás consultas sobre aspectos relativos aos propósitos do Instituto.
- Potenciar que as mulleres alcancen postos de responsabilidade e liderado no eido académico e na sociedade, promovendo a presenza equilibrada en cargos de responsabilidade en concordancia co cambio social que se persegue, favorecendo asemade un sistema de contratación de persoal científico baseado en contratos estables e establecendo relacións de cooperación científica cos Centros, Institutos e Redes de Investigación nacionais e internacionais do seu interese.
- Ofrecer e compartir transferencia de coñecemento de natureza xurídica e multidisciplinar a persoal funcionario, persoal do sector público e aspirantes a sectores relacionados coa esfera da xustiza mediante asesoramento continuo.
- Elaborar materiais especializados.
- Formar con enfoque de xénero e sobre xénero, co obxectivo final da transferencia continua de coñecemento que repercuta na sociedade, nun continuo intercambio de interaccións positivas nesta materia.