Fiscalidades, políticas orzamentarias e xénero

A economía da muller enténdese como un elemento determinante da súa emancipación real,  e a través do sistema tributario pode ser obxecto dunha discriminación positiva, non só permitida senón querida polo ordenamento xurídico, como é o caso dos beneficios fiscais que se aplican ao desenvolvemento empresarial da muller. 

O IXEX traballará nun cambio de enfoque e de prioridades para lograr medidas equitativas que garantan unha economía sostible e buscará un cambio de conciencia dando visibilidade ás medidas preventivas para lograr a xustiza fiscal e orzamentaria en materia de xénero. 

Analizarase a economía da muller dende o punto de vista do desenvolvemento empresarial da mesma, a equidade na distribución da riqueza entre homes e mulleres (o que contribuíu a equiparar a presión fiscal, a seguridade económica, o acceso ao mercado de traballos), os ingresos das mulleres, a accesibilidade, a calidade dos servizos públicos e as políticas sociais no relacionado co coidado dos fillos, persoas maiores e persoas con necesidades especiais, todo iso dende o punto de vista de construír unha sociedade igualitaria e xusta. 

Scroll al inicio