Nos últimos anos, a intelixencia artificial está a se destacar como unha das ferramentas do futuro, que máis está a aportar ao desenvolvemento tecnolóxico e, da man deste, do da sociedade.
Desde o ámbito académico algunhas voces comezan a sinalar a relevancia do uso desta revolución 4.0 no Sector Público e as vantaxes dunha transición cara unha administración intelixente, que implica tecnoloxías que requiren unha interacción continua e aprendizaxe dos seres humanos.
Sen embargo, ao replicar os datos do mundo real, os patróns de diferenza por xénero, raza e unha gama doutros atributos humanos que se atopan nos nosos sistemas económicos e sociais son incorporados e integrados nestes sistemas de IA.
A presente liña de investigación proponse cunha estrutura dual: por unha banda, analítica e descritiva, que permita fixar as bases do concepto de IA e o seu uso tanto na Unión Europea como no caso español, en instrumentos de diferente natureza. A este marco teórico acompañaralle unha análise da implantación da intelixencia artificial na xestión pública.