Con motivo do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia o Instituto Universitario de Investigación “Xustiza e Xénero” organiza unha xornada que terá lugar o día 11 de febreiro de 2026, de 16:00 a 21:00 horas no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, así coma na Facultade de Dereito de Ourense. Tamén é posible o seguimento on line a través do Campus Remoto. Esta primeira xornada forma parte do ciclo de cinema “Cine e Xustiza” que terá lugar ao longo do ano 2026 e que dirixe Inés C. Iglesias Canle, directora do Instituto Universitario de Investigación “Xustiza e Xénero”.