INCORPORACIÓN DE NOVAS PERSOAS INTEGRANTES DO IXEX

O Instituto de Investigación Xustiza e Xénero, recoñecido polo seu enfoque multidisciplinario e a súa dedicación á investigación, innovación científica e transferencia de coñecementos cunha perspectiva de xénero, comprácese en anunciar a apertura dun período de solicitudes para a incorporación de novos integrantes.

As persoas interesadas en unirse ao Instituto de Investigación Xustiza e Xénero deberán cumprir cos seguintes requisitos, conforme o regramento interno do propio IXEX:

1. Presentar unha solicitude avalada por dúas persoas investigadoras que xa formen parte do noso Instituto.

2. Achegar un currículo que destaque a súa actividade investigadora previa e a súa relación coas competencias e as liñas de investigación do Instituto no campo da Xustiza e o Xénero.

3. Proporcionar un informe do departamento ao que estean vinculados, de ser o caso

Ademais, para formaren parte do instituto deberá cumprirse algún dos seguintes requisitos:

  • Participar nalgún dos traballos de investigación aprobdos polo Instituto.
  • Formar parte do persoal docente ou investigador da UVigo e desenvolver de forma habitual traballos de investigación nas materias propias do instituto.
  • Participar na organización e realización de actividades docente ou de formación impartidos ou desenvoltos polo Instituto

As solicitudes deben ser enviadas por correo electrónico á seguinte dirección: xustizaxenero@uvigo.gal antes do día 27 de setembro de 2023. No correo electrónico, os candidatos deben expresar o seu interese en formar parte do noso Instituto e presentar propostas relacionadas coa temática de Xustiza e Xénero que desexen investigar.

Agradecemos o seu interese en unirse ao Instituto de Investigación Xustiza e Xénero e esperamos recibir as súas solicitudes.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio